Saltar navegación

Asociación

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda naceu en 1996 co fin de potenciar e dinamizar o comercio de Maceda e ao propio municipio en xeral.

O obxectivo fundamental da Asociación é agrupar, representar e apoiar a todas as empresas e profesionais do sector do comercio e os servizos da Vila Maceda, defendendo e fomentando os seus intereses.

Domicilio e Ámbito

A Asociación establece o seu domicilio social, en Rúa Cardeal Quiroga Nº 9 32700 Maceda (Ourense), e o seu ámbito de actuación comprende: Territorial: Comarcal (dentro do ámbito municipal do Concello de Maceda e a súa comarca), Profesional: a asociación circunscríbese á persoas físicas ou xurídicas que teñan aberto un establecemento comercial de calquera natureza, rama ou actividade, incluídos os do ramo de hostalería.

Teléfono: 988 463705 e Fax: 988 463705

Xunta Directiva

A Xunta Directiva está composta polos seguintes membros:

Presidente:
D. José Ramón Prol Vázquez
Vicepresidente:
D. Miguel Rodríguez Fernández
Tesoureira:
Dna. Carina Formoso Fírvida
Secretario:
D. Francisco Domínguez Martínez
Vocais:
D. José Manuel Carreira Conde
D. Benito Fernández Xusto.

Asociados

A maioría dos nosos asociados proceden dos seguintes sectores profesionais:

  • Alimentación
  • Fogar e decoración
  • Moda e complementos
  • Saúde e beleza
  • Servizos

Logo de la Xunta de Galicia