Logo de contemplar a estupenda vista de todo o val de Maceda e da serra de San Mamede, o primeiro que apreciamos é a muralla exterior preparada para a defensa na que destacan dous torreóns, un de forma rectangular á beira da única porta e outro circular no lado oposto. Nas dúas restantes esquinas aprécianse contrafuertes defensivos. No exterior tamén se aprecian aberturas de adaptación para as armas de fogo propias do século XV. Aprécianse os ocos que soportaban unha solana que noutro tempo cubría tres dos seus lados do edificio.
As reformas que sufriu convertérono máis nun gran palacio do que un castelo. A porta de arco redondo presenta dous escudos, un sobre aguia coa torre e o aguia dos Novoa, e o outro dividido en catro cuarteis pola cruz dos Rivadeneira, un cuartel cos trece róelles dos Sarmiento, o segundo as raias dos Ulloa, un terceiro as catro barras e a Ave María Gratia Plena dos Mendoza e o último os seis róelles dos Castro. Nas esquinas preséntanse estes mesmos escudos.
Xa no interior, é de obrigada visita, o pozo con pozal de pedra no patio, unha espléndida escaleira de caracol, xa no piso superior, as fiestras cos "parladoiros: faladoiros" e as ménsulas que sostiñan o antigo piso do salón, a cheminea e as fiestras. Tamén a exposición permanente e as distintas exposicións que alí se organizan.

Unha primeira referencia sitúanos no século XII cando o castelo e as terra limítrofes son entregadas como dote no matrimonio entre María Fernández, filla de Dona Teresa de Portugal e o conde Fernando Pérez de Traba, con D. Juan Ares de Novoa de Ribadavia. A liñaxe dos Novoa establécese entón en Maceda e perdura ata o século XVII, no que Maceda, con grandeza de España, concédese a Santiago Alonso de Lanzós, rexedor da cidade de Betanzos, por Felipe IV. Tamén como dato histórico destacar que algúns estudiosos sitúan a Afonso X aos 11 anos de idade nesta fortaleza.
A principios do século XX, o castelo pasou a un estado de abandono enchéndose de maleza e sufrindo varios incendios e roubos. Nos anos 90 o municipio adquiriuno iniciándose a súa restauración. Hoxe en día está convertido en hotel monumento.
Para máis información consulte a páxina web do Concello de Maceda
Mapa do sitio | ©2010 Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda | Nota legal
Rúa Cardenal Quiroga Nº 9 32700 Maceda (Ourense) | TEL: 988 463705 - Fax: 988 463705 | Email: info@comerciomaceda.com